Thursday 02 de May de 2024

Formación para as asociacións e novos cursos para a veciñanza na Aula Tic e nos locais sociais de Moeche


Continúa o Servizo Presencial de Axuda para calquera veciño ou veciña que precise axuda sobre o uso do ordenadores, teléfono móbil ou trámites en Internet, tanto nos locais sociais como na Casa do Concello. Ao tempo ofrécense novas accións formativas. Unha está dirixida ás asociacións municipais para manexar o Notifica.gal, o certificado electrónico ou o bo desenvolvemento de trámites na sede electrónica do Concello. Outra, para a veciñanza en xeral, terá como obxectivo aprender a dar os primeiros pasos no uso do ordenador e o acceso a Internet.

Formación para as asociacións

A primeira das actividades está dirixida as entidades asociativas e ofrece atención personalizada e presencial sobre a realización de trámites na Sede electrónica, o certificado electrónico, como solicitalo e instalalo, ou o Notifica .gal, o sistema oficial de notificación das administracións, como darse de alta e como xestionalo O asesoramento personalizado pode realizarse por videoconferencia ou vía telefónica ou de xeito presencial, entre 10.00 a 13.00 h, sempre con cita previa, nas seguintes datas e lugares:

Aula TIC na Casa do Concello 7 outubro e 4 novembro
A.VV. Labacengos 14 de outubro e 11 novembro
Local Social de Abade: 21 de outubro e 18 de novembro
A.VV. Val de Moeche, no Pereiro 28 de outubro e 25 de novembro
Información e reservas: teléfono ou whatssap 616016793

Iniciación á informática e Internet co ordenador

Desenvolveranse dous cursos para iniciarse na informática ou no acceso e manexo de Internet desde o ordenador. Un deles no mes de outubro e outro en decembro e xaneiro.

Curso 1: inicio o 6 de outubro e finalización o 27 de outubro
Curso 2: inicio o 1 de decembro e finalización o 26 de xaneiro de 2022
Información e reservas: teléfono WhatsApp 616 016 793 ou presencialmente na Casa do Concello

Servizo Presencial de Axuda

Calquera veciño ou veciña que precise axuda para o uso do ordenadores, teléfono móbil ou trámites en Internet pode acudir, previa cita, tanto aos locais sociais como na Casa do Concello, nas datas e horarios indicados no cadro superior

Reserva a túa praza no teléfono 616016793 ou pide cita previa se necesitas axuda presencial.